Sunday 19 de May de 2024

A festa do champiñón marca o peche de ExpoOrdes 2017



3.500 quilos de cogomelos ofrecéronse na vila ordense polos bares, restaurantes e puntos de venda

Una ano máis a vila de Ordes convertiuse en epicentro gastronómico da provincia grazas a unha nova edición da súa gran festa do champiñón. Con esta van 28 anos os que se leva celebrando a degustación deste cogomelo polos bares e restaurantes da zona. Con xamón, en empanada, con nata, macerados con viño blanco etc. De decenas de maneiras se puideron saborear hoxe en Ordes os arredor de 3500 quilos deste cogomelo que se serviron nos establecementos. Aínda que o tempo non acompañou nesta última xornada a festa foi sonada.
Deste xeito péchase a ExpoOrdes 2017, cun día no que a Banda de Música de Ordes, a charanga Ruada.com e o grupo de gaitas Sementes da Arte fixeron, a lo menos, botarlle unha baila entre os presentes. Este ano a participación de marcas comerciais chegou ás 150, provintes de todos os sectores. Desde que o pasado venres a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, inaugurara esta nova celebración milleiros de persoas pasaron polos máis de 13.000 metros cuadrados de exposición. O II Salón Moda & Eventos ou a ampla mostra do motos antiguas foron tan só algunhas das novidades.